• hospital-de-olhos.jpg
  • roma.png
  • vamol.jpg

O investigador da área de percepción, cognición e interacción do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, Joaquim de Moura, é o gañador do Premio Proxecto Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría Informática, convocado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), polo seu TFM do Máster Universitario en Enxeñería Informática da Universidade de A Coruña, grazas ao seu traballo Reconstrución 3D da árbore arterio-venosa da retina a partir de imaxes OCT.

Mediante a organización deste galardón, o CPEIG busca achegarse ao colectivo estudantil e defender as vantaxes da colexiación, ademais de estimular o traballo dos estudantes.

O premio será entregado na X Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia o 15 de xuño en Santiago, evento no que se espera a asistencia duns 400 convidados, entre representantes do empresariado, das administracións públicas, do ámbito universitario e profesionais. Na gala, CPEIG pretende mostrar á sociedade o traballo desenvolvido polo colectivo galego da Enxeñaría en Informática dentro da Sociedade da Información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC.

joaquim de moura